O estrea do espectáculo NA PONTE AO VIVO! foi un éxito rotundo no Culturgal. O espazo “O cuarto dos nenos” acolleu o domingo 2 de decembro a primeira das representacións desta actividade que, o longo do próximo ano, pretende recorrer Galicia e Portugal. Os nenos gozaron da experiencia e non dubidaron en sentarse na mesa de locución para acompañar a Xurxo Souto na condución do programa.
NA PONTE AO VIVO! é unha experiencia “radiovisual” ao vivo creada por Ponte…nas ondas!, PAI Música e Casa de Tolos. Unha actividade dirixida á mocedade a través da que pretendemos achegalos, dun xeito lúdico e divertido, ao mundo da radio, do audiovisual e das TICs. Baixo a dirección do locutor Xurxo Souto os rapaces e rapazas vivirán e participarán na realización e escenificación dun programa de radio en directo.