Que é PONTE…NAS ONDAS!?

Unha Asociación Cultural e Pedagóxica que tomou o nome da xornada de comunicación interescolar que realiza anualmente. O seu labor destacou nos ámbitos da educación, as Tics, a comunicación e o patrimonio cultural galego-portugués. Foi a Asociación que promoveu a presentación da Candidatura do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués diante da UNESCO. Desenvolve diversas actividades de sensibilización deste patrimonio común. Nesta líña editou MENIÑOS CANTORES (libro-disco-dvd) e CORES DO ATLÁNTICO (libro-disco).

  • “Experiencia modelo de boas prácticas”. 2004. Flensburg. EBLUL
  • Premio Galicia de Comunicación 2005. Xunta de Galicia
  • Premio “Bos e Xenerosos” (2006) da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG)